OS BOLECHAS VISITAN O NOSO COLE

Seguimos celebrando a lectura e os libros. Hoxe pola tarde tivemos a sorte de recibir unha visita mois especial: Os Bolechas!


Seis irmáns, os seus pais e a súa inseparable mascota Chispa son os protagonistas da máis importante e afamada serie da nosa literatura infantil. Con máis de 400 títulos publicados e preto de 1.500.000 exemplares distribuídos, causan furor entre nenos e nenas e o máis importante, contribuén a fomentar o gusto pola lectura e na promoción e difusión da lingua galega.



Se queredes saber máis sobre esta familia, facede click aquí.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON MINIA REGOS

Un ano máis estamos de celebración! O Festival do Libro xa vai pola terceira edición! Como nos gusta o cartaz deste ano! Noraboa Carolina!



E un ano máis os alumnos de quinto recibiron a visita da ilustradora Minia Regos. Que ben o pasamos e canto descubrimos! Aprendimos o que é necesario  para comezar a ilustrar. Ter lápiz e papel non é suficiente…Minia explicounos a importancia de ser creativo, de manexar as liñas e a cor e de aprender dos demais, en especial dos grandes artistas.

Tamén nos contou cales foron as fontes de inspiración do seu último libro. “Tac, tac, tac , plof”. 
É unha historia preciosa que nos axuda a descubrir a beleza que esconde o fondo do mar e a pensar en que debemos mantelo limpo. 




Moitas grazas, Minia!

Consejos para circular en Bicicleta Promovido por VUELTA CICLISTA A ESPAÑA